Marta Míguez, Secretaria Xeral para o Deporte


Marta Míguez, atleta olímpica galega e ata hoxe Presidenta do Consello  Municipal de Deportes de Ourense, asumirá a vacante de José Ramón Lete o fronte da Secretaria Xeral para o Deporte.

 Dende a UFEDEGA queremos felicitala pola boa nova, e desexarlle boa sorte neste novo proxecto profesional

 

 

Subvencións a Deportistas Individuais Deputación de Pontevedra

Subvencións para deportistas individuais da provincia de Pontevedra,non profesionais, que participen en eventos deportivos de carácter nacional (fóra da Comunidade Autónoma de Galicia) e intrnacional, incluídos dentro do calendario oficial da federación correspondente.

Bases

Extracto da resolución presencial pola que se convoca a subvención (BOPPO 21/11/2016

Corrección de erros (BOPP 23/11/2016

340.022 Anexo I. Solicitude de subvención

100.024 Declaración responsable

340.023 Anexo II. Autorización

José Ramón Lete, Secretario de Estado para el Deporte


Dende a Unión de Federacións Deportivas Galegas, unímonos as felicitacións a D. José Ramón Lete Lasa, ata hoxe, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, polo seu nomeamento como Secretario de Estado para el Deporte,asumindo a Presidencia do Consejo Superior de Deportes (CSD)

Desexámoslle a maiores das sortes nesta nova andadura

 

Convocatorias de axudas de carácter deportivo para o exercicio de 2017 da Deputación de Ourense


O Boletín Oficial da Provincia de Ourense,  nº 263  de hoxe mércores, 16 de novembro, publica todalas Convocatorias de axudas de carácter deportivo para o exercicio de 2017.

 

Os prazos para presentación das solicitudes son as seguintes:

 

·        SUBVENCIÓNS A CLUBS DEPORTIVOS 2017.- ( Do 17 de novembro a 20 de decembro de 2016)

·        SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS 2016.- (Do 17 de novembro a 20 de decembro de 2016)

·        SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E MANCOMUNIDADES DE MUNICIPIOS PARA ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES FISICO-DEPORTIVAS 2017.-(Do 17 de novembro de 2016 a 28 de febreiro de 2017)

·        SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS E ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO PARA ORGANIZACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS 2017.-

(1º Periodo : do 17 de novembro de 2016 a 28 de febreiro de 2017- 2º Período : do 1º de xuño ó 30 de xullo de 2017)

·        SUBVENCIÓNS PARA AS COPAS DEPUTACION 2017.- ( Do 17 de novembro a 20 de decembro de 2016)

18-19 de Novembro II Congreso Español Derecho Deportivo


Proxecto E4SPORT 2.0, pioneiro en emprendemento en xestión deportiva


O proxecto E4SPORT 2.0 pioneiro no emprendemento en xestión deportiva, confinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europa e polo Instituto Nacional de Juventud (INJUVE). Obxetivo do programa: Creación dun proxecto de negocio na área deportiva.

 

Modalidade: Individual,en parella ou en grupos de tres persoas.

Prazo de Preinscripción: ata o 18 de Novembro de 2016

Modo de preinscripción:envío de candidatura según formato (dispoñible en http:agaxedee4sport.wixsite.com/e4sport2 e remitindo a agaxede.e4sport@gmail.com)

Prazas dispoñibles: 20 persoas por sede

Sede en Galicia: Facultad de Ciencias do Deporte e E.F (Oleiros- A Coruña)

Estructura do programa:

7 Talleres (un por mes) entre Novembro de 2016 e Maio de 2017, cunha duración de 2h, 20 prazas.

Semana de intercambio en Galicia, en Xuño-Xullo de 2017, 8 prazas.

 

+Info :http:agaxede4sport.wixsite.com/e4sport2

A UFEDEGA desexalle unha pronta recuperación a Juan Carlos Muñiz

Dende a Unión de Federacións Deportivas Galegas queremos desexarlle unha pronta recuperación a Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo e membro da nosa Xunta Directiva, tralo accidente ciclista sufrido o pasado martes en Pontevedra.

 

 

 

Ampliación solicitude DGAN


Novo prazo para solicitar o recoñecemento como Deportista Galego de Alto Nivel (DGAN) durante o vindeiro mes de Novembro.

 

Solicitude

 

 

6º Congreso Mundial del Deporte Escolar, Educación Física y Psicomotricidad


Entre os días 3 e 5 de Novembro celebrarase o 6º Congreso Mundial del Deporte Escolar, Educación Física y Psicomotricidad na Facultad de Ciencias de la Educación de A Coruña.

+ Info

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Deputación de Pontevedra rende homenaxe ás e ós 16 deportistas da provincia que participaron en Río´16


O Pazo Provincial acolle unha mostra que recolle o palmarés das e dos deportistas olímpicos e paralímpicos e percorrerá os 62 concellos da provincia.

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada das deputadas e deputados provinciais, rendeu homenaxe no Pazo Provincial da institución provincial ás 16 persoas da provincia que competiron nas Olimpíadas e Paralimpíadas de Río´16.  O acto organizouse para enxalzar a figura das e dos deportistas olímpicos e paralímpicos e para inaugurar unha mostra que recolle o seu palmarés e se poderá visitar nos vindeiros meses en todos os concellos da provincia.

O acto comezou coa lectura e proxección dos principais méritos deportivos de cada deportista olímpico e paralímpico comezando por Fernando Alarza Vicente para continuar con Juan Antonio Saavedra Reinaldo, Fernando Echávarri Erasun, María Bernabey Avomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Rodrigo Germade Barreiro, Marín de la Puente Riobó, María Teresa Portela Rivas, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo Nieves Campello, Frank Casañas Hernández, Agustín Alejos Alonso, Jean Marie Okutu Kouletio e Susana Rodríguez Gacio.

A presidenta da Deputación de Pontevedra e a deputada delegada de deportes, Chelo Besada, entregaron un diploma e agasallo a cada deportista e, en nome tanto das e dos olímpicos como paralímpicos, interviñeron Teresa Portela e Chano Rodríguez. Portela quixo amosar o seu agradecemento á Deputación "tanto por este recoñecemento como polas achegas ós deportistas de elite e ó deporte en xeral". Pola súa banda, Chano Rodríguez puxo en valor a exposición promovida pola Deputación porque "os deportistas de alto nivel temos un compromiso social xa que a xente moza se ve reflectida en todas e todos nós, por iso é fundamental que vexan que somos de carne e óso, que estamos hoxe aquí porque detrás hai moito traballo e esforzo".

Spot Deporte Galego


O secretario xeral para o Deporte, recordou a importancia da actividade física e deportiva na consecución de maiores cotas de benestar e de saúde entre a poboación


O conselleiro de Sanidade en funcións, Jesús Vázquez Almuiña, referiuse esta mañá á necesidade de “reformular cal é o papel que os distintas administracións públicas e organizacións cidadáns xogan na procura da saúde da nosa xente”. Así o destacou na inauguración da I xornada Saúde en todas as políticas. O seu desenvolvemento no ámbito local, organizada en colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, acto no que tamén participou o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa. Esta xornada pretende ser un punto de encontro para as políticas públicas en todos os sectores que de maneira sistemática ten en conta as implicacións na saúde que teñen as decisións que se toman, busca sinerxias e evita impactos prexudiciais para a saúde co fin de mellorar a saúde da poboación e a equidade en saúde.

Para Vázquez Almuiña as políticas de prevención e control das enfermidades non transmisibles son moi importantes en comunidades como Galicia, “que se encontra nunha encrucillada onde unha elevada esperanza de vida xunto cunha baixa natalidade desembocan nunha poboación envellecida, sendo as enfermidades crónicas as que predominan, algo que xa se recoñeceu na reunión de alto nivel da Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) de 2011”.

Pola súa banda, o secretario xeral para o Deporte destacou “a evidencia constatada e contrastada de que a práctica deportiva e de actividade física mellora a saúde e a calidade de vida da cidadanía, consideración que se atopa felizmente xeneralizada entre a poboación así como nos gobernos de todas e cada unha das sociedades do noso entorno”, apuntou Lete Lasa, quen quixo destacar tamén a integración da perspectiva da saúde pública nas políticas deportivas da Xunta de Galicia.

Actualmente, os indicares de saúde consideran que só o 20% dos determinantes da saúde dependen do sistema sanitario, sendo os factores socioeconómicos, os do entorno físico e medioambientais e os relacionados cas condutas saudables os que maiormente marcan a nosa saúde. Por iso “é necesaria a implicación de todos os departamentos e organismos públicos e tamén os de toda a sociedade, de aquí a importancia do concepto, quizais un pouco manido, da intersectorialidade”, destacou Jesús Vázquez.

O obxectivo desta xornada é, en definitiva, pór en valor as políticas e accións doutros sectores diferentes ao sanitario que teñen un impacto en saúde. O sector saúde non pode traballar de maneira illada senón que son necesarias abordaxes intersectoriais que coordinen as intervencións que poidan ter repercusión na saúde, o benestar e a calidade de vida. Neste senso, o ámbito municipal adquire unha importancia capital por seren o máis próximo á poboación e por ter os gobernos locais competencias en políticas con influencia directa na saúde da poboación (urbanismo, cultura, deportes, seguridade,...).

Iniciativas como a rede europea de cidades saudables, á que pertencen varios concellos galegos, tamén recoñecen o interese con que moitas institucións locais asumen obxectivos de benestar é saúde. Tamén o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, é líder en moitas iniciativas que implican ás corporacións locais a través da FEMP, no desenvolvemento da Estratexia de promoción da saúde e prevención no Sistema Nacional de Saúde. 

 

A Diputación Provincial de Pontevedra apostará polas Federacións Deportivas para desarrollar el proyecto de DEPOrte Escolas

Deputación Pontevedra apostará polas Federacións Deportivas para desenrrolar o proxecto "Deporte Escolas" que estará integrada por nove deportes: balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, atletismo, piragüismo e baloncesto. O acto tivo lugar está mañá coa presencia dos Deputados Provinciales así coma dos  Presidentes das Federacións impricadas.

Recepción os deportistas paralímpicos


O presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo e o Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete, reciben os deportistas galegos que veñen de finalizar a súa participación nos Xogos Paralímpicos de Río 2016 e trasládalles a felicitación e o recoñecemento de Galicia polos éxitos acadados.

Master Universitario en Gestión Empresarial del Deporte de la Universidad de Vigo


 

Desde hoxe luns 26 e ata o miércoles 28 de setembro estará aberto o ÚLTIMO PRAZO de preinscripción no Master Universitario en Gestión Empresarial del Deporte de la Universidad de Vigo. Todo este proceso realizase on-line a través do link (clicando a imaxe)

 

 

XII Congreso Español de Dereito Deportivo


O paraninfo da Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 18 e 19 de Novembro o XII Congreso Español de Dereito Deportivo, organizado pola Asociación Galega de  Xestores Deportivos (AGAXEDE) contando entre os seus colaboradores coa Secretaria Xeral para o Deporte.

 

Novo programa DEPOrte Escolas


As DEPOrte Escolas é un novo programa, totalmente gratuíto, destinado a vós,nenos e nenas de entre

5 e 15 anos de toda a provincia, para que teñades a posibilidade de vos iniciar no voso deporte preferido.

 

 

 

Pesar polo accidente ferroviario de O Porriño


Dende a UFEDEGA queremos expresar o noso pesar polas víctimas do accidente ferroviario acontecido na maña de hoxe, venres, na localidade de O Porriño. A nosa solidaridade cos feridos e familiares. Entre os falecidos encóntrase, Joaquín Rodríguez, xogador de balonmán do @ADCarballal1977

 

 

O deporte galego contará con 11 representantes nos Xogos Paralímpicos de Rio de Xaneiro


O deporte galego estará presente en Rio de Xaneiro cun total de 11 deportistas, en 9 disciplinas diferentes.

Gustavo Nieves, José Manuel Prado, Chano Rodríguez,Susana Rodríguez, Alberto Seoane, Juan Antonio Saavedra, Guillermo Rodríguez, David Mouriz, Bernabé Costas, Agustín Alejos e Martín de la Puente son os atletas seleccionados polo Consejo Superior de Deportes para participar entre o 7 e 18 de Setembro na gran cita olímpica.

 

Publicadas as bases reguladoras das subvencións a clubs, SAD e agrupacións deportivas escolares


Publícouse no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras das subvencións a clubs, SAD e agrupacíóns deportivas escolares.

 

 

 

Atletas DEGAN


Publícouse no Diario Oficial de Galicia a lista de deportistas recoñecidos como Deportistas Galegos de Alto Nivel polo procedemento asinado en xuño de 2016 asi como as solicitudes desestimadas e as súas causas.

 

Recepción oficial do Presidente da Xunta ós Olímpicos Galegos


O Presidente da Xunta de Galicia Alberto Nuñez Feijoo, recibiría en acto oficial de recepción ós olímpicos galegos que tomaron parte nos recentemente rematados Xogos Olímpicos de Rio.

No acto que se desenvolvería en Santiago, o máximo mandatario  trasladaría en nome do Goberno Galego a felicitación e recoñocemento ós deportistas galegos  pola súa participación e éxito acadado na capìtal brasileira, facéndoa extensible do mesmo modo, ós técnicos e presidentes federativos dos deportes representados que tamén estarían presentes no acto.

 

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria da UFEDEGA


O Presidente da Unión de Federacións Deportivas Galegas, Isidoro Hornillos, conforme o artigo 13 dos Estatutos da UFEDEGA,e en aplicación do acordo adoutado na última Xunta Directiva,convoca  a Asemblea Xeral Ordinaria para  o vindeiro  Luns 23 de Maio de 2016, na sede da Federación Galega de Caza, sita en, Estadio Multiusos San Lázaro porta 12 , C.P 15707 de Santiago de Compostela  as 18:00h

 

 


O secretario xeral para o Deporte fai públicos os Premios do Deporte Galego 2015


Os premiados coñecéronse nun acto no que tamén estiveron presentes o alcalde de Ourense e a delegada territorial daXunta, Marisol Díaz Mouteira.

 

O Secretario Xeral para o Deporte e presidente do xurado dos Premios do Deporte Galego, fixo pública esta mañá en Ourense o fallo destes galardóns na súa edición 2015. Como establece a convocatoria dos premios, publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado 9 de Marzo, estes galardóns recoñecen públicamente os máis destacados axentes do ámbito deportivo galego, decidindo o xurado sobre as 17 categorías ás que este ano se suma unha mención especial.

 

 


A Fundacion Deporte Galego Convoca as Axudas Galicia- Rio 2016


 

Esta primeira fase das axudas ten como beneficiarios/as aos/ás  deportistas galegos/as que acaden a clasificación para os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Río 2016 e está dotada inicialmente con 120.000 euros aínda que se prevé a posibilidade de ampliar o crédito en función dos deportistas clasificados.

 

·         A actuación enmárcase no habitual plan de axudas á preparación dos Deportistas Galegos de Alto Nivel e, nesta primeira fase,terá como beneficiarios/as aos/ás deportistas galegos/as que acaden a clasificación para os Xogos Olímpicos / Paralímpicos de Río 2016.

·         A segunda fase, que se convocará tamén neste exercicio 2016, estará destinada a todos/as os/as deportistas galegos/as de Alto Nivel recoñecidos como tal pola Secretaría Xeral para o Deporte que non se clasificaran para os XXOO/XXPP.

·         En total, a Fundación destinará neste 2016 ás axudas a deportistas galegos de alto nivel 360.000 euros.

·         Santiago de Compostela, 12 de abril de 2015.- A Fundación Deporte Galego vén de convocar hoxe,a

·         través do Diario Oficial de Galicia, a primeira fase das Axudas a Deportistas Galegos/as de Alto Nivel, baixo a denominación de Axudas Galicia – Río 2016.

·         Como en exercicios anteriores, a Fundación Deporte Galego está a desenvolver un plan de axudas aos deportistas galegos/as que están a competir no máis alto nivel deportivo de ámbito estatal, europeo e mundial, cunha liña específica para aqueles/as deportistas que acadaron a súa clasificación para os XXOO/XXPP de Río 2016, a celebrarse neste exercicioio. Inclúese tamén,a liña de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel

·         (DGAN) que vén concedendo a Fundación no seu obxecto de promoción do deporte de alto nivel da Comunidade Autónoma, orientada ao resto de Deportistas recoñecidos pola Secretaría Xeral para o Deporte

  

 

 


VI Congreso de Xestion Deportiva 11-12 de Marzo Ourense



O Presidente da UFEDEGA asistiu a Gala da Federacion Galega de Ciclismo


Presidente da Unión de Federacions Deportivas Galega,Isidoro Hornillos, participou na Gala da Federacion Galega de Ciclismo na tarde noite de hoxe, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela,con una enorme brilantez. Na imaxe con o presidente Juan Carlos Muñiz,a quen lle felicitamos pola relevancia do acto así como a todalas persoas e entidades distinguidas.

 


Isidoro Hornillos e Mario Muzas acuden a recepcion dos deportistas galegos en Santiago


Na tarde de onte tivo lugar na Cidade da Cultura unha recepcion os deportistasgalegos que obtiveron medallas en campeonatos internacionais.A cita foi presidida por Jose Ramon Lete, Secretario Xeral do Deporte,e polo Presidente da Xunta de Galicia, quen manifestou "no deporte non hai elites,senon deportistas excepcionales" asimesmo destaucouo traballo, sacrificio e valor dos deportistas.A recepcion acudiron Isidoro Hornillos e Mario Muzas,Presidente e Tesoreiro respectivamente da UFEDEGA,para amosar o seu compromiso e apoio os diferentes deportes e deportistas galegos.

 

O 21 de Novembro constituiuse a Asociacion Galega de Dereito Deportivo (AGDD)


O pasado 21 de Novembro tivo lugar a Xunta de constitución da Asociación Galega de Dereito Deportivo (AGDD), quedando presidida polo Doutor en Dereito Deportivo Eduardo Blanco, nas tarefas directivas contara con Argimiro Vazquez e Gonzalo Barrio en calidade de Vicepresidentes, Miguel Juane coma Secretario,Rafael Alonso como Vicesecretario, e Oscar Rama coma Tesoreiro.

Por outra banda, a AGDD (Asociacion Galega de Dereito Deportivo) colaborara coa AGAXEDE (Asociacion Galega de Xestores Deportivos) na organizacion do XII CONGRESO ESPAÑOL DE DERECHO DEPORTIVO que tera lugar na Cidade Herculina o proximo 18 e 19 de Novembro de 2016

 


Localización

Unión de Federacións Deportivas Galegas

(UFEDEGA)

Complexo Deportivo Elviña, Avda de Glasgow 13, C.P.15008 A Coruña

 

ufedega@gmail.com

www.ufedega.com