A UFEDEGA valora positivamente a defensa do PSdeG-PSOE as Federacións Deportivas Galegas


Dende a Xunta Directiva da Unión de Federacións Deportivas Galegas valoramos de maneira moi positiva a defensa que fai o PSdeG en relación as reivindicacións das Federacións Deportivas Galegas.

 

Nota Prensa PSG

Rexistro pregunta do PSG para a Comisión 1ª Parlamento de Galicia

Xuntanza das Federacións Deportivas Galegas


Na tarde de hoxe realizouse unha xuntanza da UFEDEGA, na sede da Federación Galega de Caza, a que acudiron  unha gran representación de Federacións Galegas Deportivas. Na xuntanza  os  representes das distintas Federacións amosaron a súa preocupación ante actual situación económica que atravesan.

 

Nas vindeiras horas a UFEDEGA realizará un comunicado para  expresar e transmitir  a actual situación  económica, así como os acordos chegados respecto os diferentes temas que afectan as Federacións Deportivas Galegas.

 

 

Evolución dos orzamentos de deportes da Xunta de Galicia nos últimos 15 anos.


Evolución do orzamento que a Xunta de Galicia aporta ao deporte galego durante os ultimos 15 anos. Aquí están incluídos todos os capítulos: clubs, deportistas, federacións, infraestructura.

 

Reunión da UFEDEGA co grupo socialista no Parlamento


Na mañá de hoxe, Isidoro Hornillos, Presidente da Unión de Federacións Deportivas Galegas, José Luis Pérez , Presidente da Federación Galega de Balonmán , e José Alfredo Bea da Federación Galega de Piragüismo reunironse no Parlamento de Galicia co deputado, José Manuel Díaz Villoslada, quen pediu a xuntanza para coñecer as demandas das Federacións Deportivas Galegas.

 

Recepción Deportistas Galegos Campións Internacionais no 2016


No día de onte celebrouse na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a recepción  os deportistas que obtiveron títulos en Campionato  Internacionais no 2016. O acto estivo presidido polo Presidente  da Xunta de Galicia D. Alberto Nuñez Feijoo e pola Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez.

 


A Xunta de Galicia inviste só o 0.22%  no deporte galego


No día de hoxe celebróuse unha xuntanza en Santiago de Compostela á que acudiron una ampla representación de Federacións Deportivas Galegas para tratar asuntos comúns que lles preocupan.

 

As federacións denuncian o pouco peso específico que ten o deporte en Galicia nos orzamentos aprobados recentemente polo Parlamento Autonómico. Cun teito histórico de 9063 millóns de euros, o executivo galego só destina 19,2 millóns ao deporte galego, incluidos, entre outros, os 2,8 millóns para a Universidade da Coruña e os 1,89 millóns para a Fundación Deporte Galego. Este porcentaxe do 0,22% é ínfimo e moi por debaixo da relevancia social da práctica deportiva e do impacto económico e saudable do propio sector.

 

Dase a circunstancia de que Galicia está á cabeza da obesidade infantil en España, o que “non sorprende” aos dirixentes deportivos cando se coñecen os datos dos orzamentos. Durante os últimos 8 anos os orzamentos do deporte galego pasaron de 41,2 millóns de éuros a 19,2 millóns na actualidade, algo que retrata a triste realidade da actúal situación.

 

As federacións deportivas galegas, a pesares do teito orzamental de mais de nove mil millóns da Xunta de Galicia, non recuperaron o nivel das subvencións conveniadas pola Secretaría Xeral para o Deporte e atopánse na actualidade ao 67% da partida respectiva de fai tan só seis anos. Esta grave situación pon en perigro, incluso, o desenvolvemento das función públicas delegadas pola propia administración autonómica ás federacións.A Xunta de Galicia, a pesares do recoñecemento que fixo á figura da UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas) o ano pasado na Ley do Deporte de Galicia, non concede ningunha subvención a este organismo, ao contrario que as comunidades autónomas que a teñen recoñecida á similar (Cataluña, Pais Vasco, Andalucía, Madrid, Castella e León… etc). Isto agrava moito mais a situación das federacións deportivas galegas asociadas que atopan nesta figura unha axuda para xestionar temas de interese común e abaratar custos, aparte de supoñer unha ferramenta útil ao propio deporte galego.

 

As federacións solicitarán ao presidente da Xunta de Galicia e aos diferentes grupos políticos parlamentarios, maior apoio real ao deporte galego.

 

Asemade, pedirán á Secretaría Xeral para o Deporte que faga públicas nos vindeiros días as puntuacións respectivas por apartados dos baremos dos convenios do ano 2017 que inda non se asinaron, provocando un gran retraso e preocupación.

 

Asemade, supún unha paradoxa que a Xunta de Galicia, a través da Lei do Deporte, obrigue as federacións a aprobar os orzamentos dun exercicio económico, durante o último trimestre do ano anterior, cando a estas alturas da tempada as federacións inda non coñecen as cuantías das subvencións.

 

 

 

REAL DECRETO LEY 3/2017 DE 17 DE FEBRERO                   Protección da saúde do deportista e loita contra a dopaxe na actividade deportiva


O pasado vernes 17 de febreiro, el Consejo de Ministros aprobou el Real Decreto-ley 3/2017, de 17 de febrero, polo que se modifica a Ley Orgánica 3/2013, de 20 de xunio, de protección da salud do deportista e loita contra a dopaxe na actividad deportiva,e se adapta as modificacións introducidas poloCódigo Mundial Antidopaje de 2015, que se ha publicado no  Boletín Oficial del Estado de fecha 18 de febreiro.

Normativas

Deporte Limpo Real Decreto Ley (Audio)

 

O presidente da UFEDEGA, Isidoro Hornillos, reúnese coa Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez.


O presidente da UFEDEGA, Isidoro Hornillos, acompañado polo vogal da Xunta Directiva Alberto Arufe, presidente da Federación Galega de Orientación, entrevistouse hoxe pola mañá na Coruña, coa Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, e máis polo Xefe do Servizo Provincial, Roberto García. Na xuntanza tratáronse temas importantes e que preocupan ao deporte federado galego e ao futuro da UFEDEGA. A saida da xuntanza, Isidoro Hornillos manifestou, a espera das peticións formuladas a " boa disposición da Secretaria Xeral en arranxar algúns dos problemas que afectan as federacións deportivas galegas e que foron expostos".

 

 

O presidente da UFEDEGA asiste a Gala do Ciclismo Galego


O presidente da (UFEDEGA) Unión de Federacións Deportivas Galegas, Isidoro Hornillos, asistiu onte venres a Gala do Deporte de Marín (Pontevedra), presidida pola alcaldesa do concello, Maria Ramallo e dirixida polo periodista da TVG Terio Carrera. Preto de vinte persoas e entidades foron distinguidas no transcurso da velada.
Parabéns a todas elas.

A World Anti-Doping Agency publica a  listaxe de sustancias prohibidas


A Fundación Deporte Galego concede 120 novas axudas a deportistas galegos de alto nivel por importe de 172.650 euros


A Fundación Deporte Galego, adscrita á Secretaría Xeral para o Deporte, vén de aprobar a resolución das axudas a deportistas galegos e galegas de alto nivel ao abeiro da convocatoria Galicia- Axudas DGAN 2016, publicada o pasado mes de setembro. Nesta segunda fase foron concedidas 120 novas axudas a deportistas de alto nivel de Galicia que supuxeron un investimento total de 172.650 euros. As bases da convocatoria e a resolución desta segunda fase de axudas a deportistas galegos de alto nivel pódense consultar na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte.

Esta convocatoria enmárcase no habitual plan de axudas á preparación de Deportistas Galegos/as de Alto Nivel, e á vez ten en conta que este ano 2016 tiveron lugar os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Río 2016. Por esta singularidade e co fin de optimizar as axudas de xeito que sexan o máis operativas para os deportistas destinatarios, estableceuse unha convocatoria en dúas fases, sendo a primeira a que se iniciou no mes de abril para os deportistas que acadaran a súa clasificación para os Xogos de Río e resolvéndose a segunda no día de hoxe.

A  convocatoria Galicia- Río 2016, beneficiou mediante as súas tres resolucións a un total de 25 deportistas clasificados para a cita olímpica/paralímpica de Río 2016. Estas axudas supuxeron un investimento total de 201.000 euros que, sumados aos 172.650 euros da nova resolución, fan un total de 373.650 euros destinados ás axudas a 145 deportistas galegos de alto nivel en 2016.

Os beneficiarios disporán dun prazo de dez días hábiles para a aceptación das axudas ou para presentar a súa renuncia, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa entenderase totalmente aceptada. As axudas concedidas aos 120 deportistas poden chegar ata os 3.000 euros no caso dos deportistas cos mellores resultados. Para esta convocatoria establecéronse os seguintes tipos de axudas:

 

 

BASES CONVOCATORIA

RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA

Boas Festas!


Marta Míguez, Secretaria Xeral para o Deporte


Marta Míguez, atleta olímpica galega e ata hoxe Presidenta do Consello  Municipal de Deportes de Ourense, asumirá a vacante de José Ramón Lete o fronte da Secretaria Xeral para o Deporte.

 Dende a UFEDEGA queremos felicitala pola boa nova, e desexarlle boa sorte neste novo proxecto profesional

 

 

Subvencións a Deportistas Individuais Deputación de Pontevedra


Subvencións para deportistas individuais da provincia de Pontevedra,non profesionais, que participen en eventos deportivos de carácter nacional (fóra da Comunidade Autónoma de Galicia) e intrnacional, incluídos dentro do calendario oficial da federación correspondente.

Bases

Extracto da resolución presencial pola que se convoca a subvención (BOPPO 21/11/2016

Corrección de erros (BOPP 23/11/2016

340.022 Anexo I. Solicitude de subvención

100.024 Declaración responsable

340.023 Anexo II. Autorización

José Ramón Lete, Secretario de Estado para el Deporte


Dende a Unión de Federacións Deportivas Galegas, unímonos as felicitacións a D. José Ramón Lete Lasa, ata hoxe, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, polo seu nomeamento como Secretario de Estado para el Deporte,asumindo a Presidencia do Consejo Superior de Deportes (CSD)

Desexámoslle a maiores das sortes nesta nova andadura

 

Convocatorias de axudas de carácter deportivo para o exercicio de 2017 da Deputación de Ourense


O Boletín Oficial da Provincia de Ourense,  nº 263  de hoxe mércores, 16 de novembro, publica todalas Convocatorias de axudas de carácter deportivo para o exercicio de 2017.

 

Os prazos para presentación das solicitudes son as seguintes:

 

·        SUBVENCIÓNS A CLUBS DEPORTIVOS 2017.- ( Do 17 de novembro a 20 de decembro de 2016)

·        SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS OURENSÁNS CUALIFICADOS 2016.- (Do 17 de novembro a 20 de decembro de 2016)

·        SUBVENCIÓNS A CONCELLOS E MANCOMUNIDADES DE MUNICIPIOS PARA ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES FISICO-DEPORTIVAS 2017.-(Do 17 de novembro de 2016 a 28 de febreiro de 2017)

·        SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS E ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO PARA ORGANIZACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS 2017.-

(1º Periodo : do 17 de novembro de 2016 a 28 de febreiro de 2017- 2º Período : do 1º de xuño ó 30 de xullo de 2017)

·        SUBVENCIÓNS PARA AS COPAS DEPUTACION 2017.- ( Do 17 de novembro a 20 de decembro de 2016)

18-19 de Novembro II Congreso Español Derecho Deportivo


Proxecto E4SPORT 2.0, pioneiro en emprendemento en xestión deportiva


O proxecto E4SPORT 2.0 pioneiro no emprendemento en xestión deportiva, confinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europa e polo Instituto Nacional de Juventud (INJUVE). Obxetivo do programa: Creación dun proxecto de negocio na área deportiva.

 

Modalidade: Individual,en parella ou en grupos de tres persoas.

Prazo de Preinscripción: ata o 18 de Novembro de 2016

Modo de preinscripción:envío de candidatura según formato (dispoñible en http:agaxedee4sport.wixsite.com/e4sport2 e remitindo a agaxede.e4sport@gmail.com)

Prazas dispoñibles: 20 persoas por sede

Sede en Galicia: Facultad de Ciencias do Deporte e E.F (Oleiros- A Coruña)

Estructura do programa:

7 Talleres (un por mes) entre Novembro de 2016 e Maio de 2017, cunha duración de 2h, 20 prazas.

Semana de intercambio en Galicia, en Xuño-Xullo de 2017, 8 prazas.

 

+Info :http:agaxede4sport.wixsite.com/e4sport2

A UFEDEGA desexalle unha pronta recuperación a Juan Carlos Muñiz

Dende a Unión de Federacións Deportivas Galegas queremos desexarlle unha pronta recuperación a Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo e membro da nosa Xunta Directiva, tralo accidente ciclista sufrido o pasado martes en Pontevedra.

 

 

 

Ampliación solicitude DGAN


Novo prazo para solicitar o recoñecemento como Deportista Galego de Alto Nivel (DGAN) durante o vindeiro mes de Novembro.

 

Solicitude

 

 

6º Congreso Mundial del Deporte Escolar, Educación Física y Psicomotricidad


Entre os días 3 e 5 de Novembro celebrarase o 6º Congreso Mundial del Deporte Escolar, Educación Física y Psicomotricidad na Facultad de Ciencias de la Educación de A Coruña.

+ Info

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Deputación de Pontevedra rende homenaxe ás e ós 16 deportistas da provincia que participaron en Río´16


O Pazo Provincial acolle unha mostra que recolle o palmarés das e dos deportistas olímpicos e paralímpicos e percorrerá os 62 concellos da provincia.

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada das deputadas e deputados provinciais, rendeu homenaxe no Pazo Provincial da institución provincial ás 16 persoas da provincia que competiron nas Olimpíadas e Paralimpíadas de Río´16.  O acto organizouse para enxalzar a figura das e dos deportistas olímpicos e paralímpicos e para inaugurar unha mostra que recolle o seu palmarés e se poderá visitar nos vindeiros meses en todos os concellos da provincia.

O acto comezou coa lectura e proxección dos principais méritos deportivos de cada deportista olímpico e paralímpico comezando por Fernando Alarza Vicente para continuar con Juan Antonio Saavedra Reinaldo, Fernando Echávarri Erasun, María Bernabey Avomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Rodrigo Germade Barreiro, Marín de la Puente Riobó, María Teresa Portela Rivas, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo Nieves Campello, Frank Casañas Hernández, Agustín Alejos Alonso, Jean Marie Okutu Kouletio e Susana Rodríguez Gacio.

A presidenta da Deputación de Pontevedra e a deputada delegada de deportes, Chelo Besada, entregaron un diploma e agasallo a cada deportista e, en nome tanto das e dos olímpicos como paralímpicos, interviñeron Teresa Portela e Chano Rodríguez. Portela quixo amosar o seu agradecemento á Deputación "tanto por este recoñecemento como polas achegas ós deportistas de elite e ó deporte en xeral". Pola súa banda, Chano Rodríguez puxo en valor a exposición promovida pola Deputación porque "os deportistas de alto nivel temos un compromiso social xa que a xente moza se ve reflectida en todas e todos nós, por iso é fundamental que vexan que somos de carne e óso, que estamos hoxe aquí porque detrás hai moito traballo e esforzo".

Spot Deporte Galego


O secretario xeral para o Deporte, recordou a importancia da actividade física e deportiva na consecución de maiores cotas de benestar e de saúde entre a poboación


O conselleiro de Sanidade en funcións, Jesús Vázquez Almuiña, referiuse esta mañá á necesidade de “reformular cal é o papel que os distintas administracións públicas e organizacións cidadáns xogan na procura da saúde da nosa xente”. Así o destacou na inauguración da I xornada Saúde en todas as políticas. O seu desenvolvemento no ámbito local, organizada en colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, acto no que tamén participou o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa. Esta xornada pretende ser un punto de encontro para as políticas públicas en todos os sectores que de maneira sistemática ten en conta as implicacións na saúde que teñen as decisións que se toman, busca sinerxias e evita impactos prexudiciais para a saúde co fin de mellorar a saúde da poboación e a equidade en saúde.

Para Vázquez Almuiña as políticas de prevención e control das enfermidades non transmisibles son moi importantes en comunidades como Galicia, “que se encontra nunha encrucillada onde unha elevada esperanza de vida xunto cunha baixa natalidade desembocan nunha poboación envellecida, sendo as enfermidades crónicas as que predominan, algo que xa se recoñeceu na reunión de alto nivel da Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) de 2011”.

Pola súa banda, o secretario xeral para o Deporte destacou “a evidencia constatada e contrastada de que a práctica deportiva e de actividade física mellora a saúde e a calidade de vida da cidadanía, consideración que se atopa felizmente xeneralizada entre a poboación así como nos gobernos de todas e cada unha das sociedades do noso entorno”, apuntou Lete Lasa, quen quixo destacar tamén a integración da perspectiva da saúde pública nas políticas deportivas da Xunta de Galicia.

Actualmente, os indicares de saúde consideran que só o 20% dos determinantes da saúde dependen do sistema sanitario, sendo os factores socioeconómicos, os do entorno físico e medioambientais e os relacionados cas condutas saudables os que maiormente marcan a nosa saúde. Por iso “é necesaria a implicación de todos os departamentos e organismos públicos e tamén os de toda a sociedade, de aquí a importancia do concepto, quizais un pouco manido, da intersectorialidade”, destacou Jesús Vázquez.

O obxectivo desta xornada é, en definitiva, pór en valor as políticas e accións doutros sectores diferentes ao sanitario que teñen un impacto en saúde. O sector saúde non pode traballar de maneira illada senón que son necesarias abordaxes intersectoriais que coordinen as intervencións que poidan ter repercusión na saúde, o benestar e a calidade de vida. Neste senso, o ámbito municipal adquire unha importancia capital por seren o máis próximo á poboación e por ter os gobernos locais competencias en políticas con influencia directa na saúde da poboación (urbanismo, cultura, deportes, seguridade,...).

Iniciativas como a rede europea de cidades saudables, á que pertencen varios concellos galegos, tamén recoñecen o interese con que moitas institucións locais asumen obxectivos de benestar é saúde. Tamén o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, é líder en moitas iniciativas que implican ás corporacións locais a través da FEMP, no desenvolvemento da Estratexia de promoción da saúde e prevención no Sistema Nacional de Saúde. 

 

A Diputación Provincial de Pontevedra apostará polas Federacións Deportivas para desarrollar el proyecto de DEPOrte Escolas

Deputación Pontevedra apostará polas Federacións Deportivas para desenrrolar o proxecto "Deporte Escolas" que estará integrada por nove deportes: balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, atletismo, piragüismo e baloncesto. O acto tivo lugar está mañá coa presencia dos Deputados Provinciales así coma dos  Presidentes das Federacións impricadas.

Recepción os deportistas paralímpicos


O presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo e o Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete, reciben os deportistas galegos que veñen de finalizar a súa participación nos Xogos Paralímpicos de Río 2016 e trasládalles a felicitación e o recoñecemento de Galicia polos éxitos acadados.

Master Universitario en Gestión Empresarial del Deporte de la Universidad de Vigo


 

Desde hoxe luns 26 e ata o miércoles 28 de setembro estará aberto o ÚLTIMO PRAZO de preinscripción no Master Universitario en Gestión Empresarial del Deporte de la Universidad de Vigo. Todo este proceso realizase on-line a través do link (clicando a imaxe)

 

 

XII Congreso Español de Dereito Deportivo


O paraninfo da Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 18 e 19 de Novembro o XII Congreso Español de Dereito Deportivo, organizado pola Asociación Galega de  Xestores Deportivos (AGAXEDE) contando entre os seus colaboradores coa Secretaria Xeral para o Deporte.

 

Novo programa DEPOrte Escolas


As DEPOrte Escolas é un novo programa, totalmente gratuíto, destinado a vós,nenos e nenas de entre

5 e 15 anos de toda a provincia, para que teñades a posibilidade de vos iniciar no voso deporte preferido.

 

 

 

Pesar polo accidente ferroviario de O Porriño


Dende a UFEDEGA queremos expresar o noso pesar polas víctimas do accidente ferroviario acontecido na maña de hoxe, venres, na localidade de O Porriño. A nosa solidaridade cos feridos e familiares. Entre os falecidos encóntrase, Joaquín Rodríguez, xogador de balonmán do @ADCarballal1977

 

 

O deporte galego contará con 11 representantes nos Xogos Paralímpicos de Rio de Xaneiro


O deporte galego estará presente en Rio de Xaneiro cun total de 11 deportistas, en 9 disciplinas diferentes.

Gustavo Nieves, José Manuel Prado, Chano Rodríguez,Susana Rodríguez, Alberto Seoane, Juan Antonio Saavedra, Guillermo Rodríguez, David Mouriz, Bernabé Costas, Agustín Alejos e Martín de la Puente son os atletas seleccionados polo Consejo Superior de Deportes para participar entre o 7 e 18 de Setembro na gran cita olímpica.

 

Publicadas as bases reguladoras das subvencións a clubs, SAD e agrupacións deportivas escolares


Publícouse no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras das subvencións a clubs, SAD e agrupacíóns deportivas escolares.

 

 

 

Atletas DEGAN


Publícouse no Diario Oficial de Galicia a lista de deportistas recoñecidos como Deportistas Galegos de Alto Nivel polo procedemento asinado en xuño de 2016 asi como as solicitudes desestimadas e as súas causas.

 

Recepción oficial do Presidente da Xunta ós Olímpicos Galegos


O Presidente da Xunta de Galicia Alberto Nuñez Feijoo, recibiría en acto oficial de recepción ós olímpicos galegos que tomaron parte nos recentemente rematados Xogos Olímpicos de Rio.

No acto que se desenvolvería en Santiago, o máximo mandatario  trasladaría en nome do Goberno Galego a felicitación e recoñocemento ós deportistas galegos  pola súa participación e éxito acadado na capìtal brasileira, facéndoa extensible do mesmo modo, ós técnicos e presidentes federativos dos deportes representados que tamén estarían presentes no acto.

 

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria da UFEDEGA


O Presidente da Unión de Federacións Deportivas Galegas, Isidoro Hornillos, conforme o artigo 13 dos Estatutos da UFEDEGA,e en aplicación do acordo adoutado na última Xunta Directiva,convoca  a Asemblea Xeral Ordinaria para  o vindeiro  Luns 23 de Maio de 2016, na sede da Federación Galega de Caza, sita en, Estadio Multiusos San Lázaro porta 12 , C.P 15707 de Santiago de Compostela  as 18:00h

 

 


O secretario xeral para o Deporte fai públicos os Premios do Deporte Galego 2015


Os premiados coñecéronse nun acto no que tamén estiveron presentes o alcalde de Ourense e a delegada territorial daXunta, Marisol Díaz Mouteira.

 

O Secretario Xeral para o Deporte e presidente do xurado dos Premios do Deporte Galego, fixo pública esta mañá en Ourense o fallo destes galardóns na súa edición 2015. Como establece a convocatoria dos premios, publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado 9 de Marzo, estes galardóns recoñecen públicamente os máis destacados axentes do ámbito deportivo galego, decidindo o xurado sobre as 17 categorías ás que este ano se suma unha mención especial.

 

 


A Fundacion Deporte Galego Convoca as Axudas Galicia- Rio 2016


 

Esta primeira fase das axudas ten como beneficiarios/as aos/ás  deportistas galegos/as que acaden a clasificación para os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Río 2016 e está dotada inicialmente con 120.000 euros aínda que se prevé a posibilidade de ampliar o crédito en función dos deportistas clasificados.

 

·         A actuación enmárcase no habitual plan de axudas á preparación dos Deportistas Galegos de Alto Nivel e, nesta primeira fase,terá como beneficiarios/as aos/ás deportistas galegos/as que acaden a clasificación para os Xogos Olímpicos / Paralímpicos de Río 2016.

·         A segunda fase, que se convocará tamén neste exercicio 2016, estará destinada a todos/as os/as deportistas galegos/as de Alto Nivel recoñecidos como tal pola Secretaría Xeral para o Deporte que non se clasificaran para os XXOO/XXPP.

·         En total, a Fundación destinará neste 2016 ás axudas a deportistas galegos de alto nivel 360.000 euros.

·         Santiago de Compostela, 12 de abril de 2015.- A Fundación Deporte Galego vén de convocar hoxe,a

·         través do Diario Oficial de Galicia, a primeira fase das Axudas a Deportistas Galegos/as de Alto Nivel, baixo a denominación de Axudas Galicia – Río 2016.

·         Como en exercicios anteriores, a Fundación Deporte Galego está a desenvolver un plan de axudas aos deportistas galegos/as que están a competir no máis alto nivel deportivo de ámbito estatal, europeo e mundial, cunha liña específica para aqueles/as deportistas que acadaron a súa clasificación para os XXOO/XXPP de Río 2016, a celebrarse neste exercicioio. Inclúese tamén,a liña de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel

·         (DGAN) que vén concedendo a Fundación no seu obxecto de promoción do deporte de alto nivel da Comunidade Autónoma, orientada ao resto de Deportistas recoñecidos pola Secretaría Xeral para o Deporte

  

 

 


VI Congreso de Xestion Deportiva 11-12 de Marzo Ourense



O Presidente da UFEDEGA asistiu a Gala da Federacion Galega de Ciclismo


Presidente da Unión de Federacions Deportivas Galega,Isidoro Hornillos, participou na Gala da Federacion Galega de Ciclismo na tarde noite de hoxe, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela,con una enorme brilantez. Na imaxe con o presidente Juan Carlos Muñiz,a quen lle felicitamos pola relevancia do acto así como a todalas persoas e entidades distinguidas.

 


Isidoro Hornillos e Mario Muzas acuden a recepcion dos deportistas galegos en Santiago


Na tarde de onte tivo lugar na Cidade da Cultura unha recepcion os deportistasgalegos que obtiveron medallas en campeonatos internacionais.A cita foi presidida por Jose Ramon Lete, Secretario Xeral do Deporte,e polo Presidente da Xunta de Galicia, quen manifestou "no deporte non hai elites,senon deportistas excepcionales" asimesmo destaucouo traballo, sacrificio e valor dos deportistas.A recepcion acudiron Isidoro Hornillos e Mario Muzas,Presidente e Tesoreiro respectivamente da UFEDEGA,para amosar o seu compromiso e apoio os diferentes deportes e deportistas galegos.

 

O 21 de Novembro constituiuse a Asociacion Galega de Dereito Deportivo (AGDD)


O pasado 21 de Novembro tivo lugar a Xunta de constitución da Asociación Galega de Dereito Deportivo (AGDD), quedando presidida polo Doutor en Dereito Deportivo Eduardo Blanco, nas tarefas directivas contara con Argimiro Vazquez e Gonzalo Barrio en calidade de Vicepresidentes, Miguel Juane coma Secretario,Rafael Alonso como Vicesecretario, e Oscar Rama coma Tesoreiro.

Por outra banda, a AGDD (Asociacion Galega de Dereito Deportivo) colaborara coa AGAXEDE (Asociacion Galega de Xestores Deportivos) na organizacion do XII CONGRESO ESPAÑOL DE DERECHO DEPORTIVO que tera lugar na Cidade Herculina o proximo 18 e 19 de Novembro de 2016

 


Localización

Unión de Federacións Deportivas Galegas

(UFEDEGA)

Complexo Deportivo Elviña, Avda de Glasgow 13, C.P.15008 A Coruña

 

ufedega@gmail.com

www.ufedega.com