Actividades da UFEDEGA para o cumprimento dos fins, a Unión de Federacións Deportivas Galegas poderá realizar as seguintes actividades

Para o cumprimento dos fins, a Unión de Federacións Deportivas Galegas poderá realizar as seguintes actividades:

  1. Asesoramento ás Federacións Deportivas Galegas.
  2. Colaboración coas distintas administracións públicas competentes en materia deportiva.
  3. Xuntanzas, cursos, simposios, foros, debates e encontros en relación có deporte.
  4. Eventos lúdicos, festivos e deportivos.
  5. Campañas de promoción e difusión do deporte.
  6. Negociacións e reclamacións amistosas ou contenciosas.
  7. Convocar e organizar a Gala, en recoñecemento ós deportistas, técnicos, directivos, xuíces e árbitros, así como a entidades deportivas e institucións destacadas.
  8. Cantas outras acorden os órganos de goberno en cada intre para lograr os fins do artigo anterior 

En ningún caso a UFEDEGA, asumirá as funcións ou actividades que sexan de competencia propia de cada Federación asociada.