Dereitos e Obrigas dos asociados

 Os asociados teñen os seguintes dereitos:

 

1. Participar nas actividades da Asociación e nos órganos de goberno e representación.

2. Exercer o dereito de voto, así como asistir á Asemblea xeral, de acordo cós estatutos.

3. Ser informados da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.

4. Ser oídos con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra eles e ser informados dos feitos que den lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.

5. Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós estatutos.

6. Facer suxestións ós membros da Xunta Directiva en orde o mellor cumprimento dos fins da Asociación.

 

Obrigas dos asociados.

 

Son obrigas dos asociados:

1. Compartir as finalidades da asociación e colaborar activamente para a súa consecución.

2. Pagar as cotas que se establezan.

3. Desempeñar os cargos para os que foron elixidos.

4. Acatar e cumprir os acordos válidamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.

5. Acatar o contido dos estatutos.

6. Ter unha boa conducta individual e cívica.