Facultades da Xunta directiva

A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:

 

1. Programar e dirixir as actividades asociativas.

2. Levar a xestión administrativa e económica da asociación, acordando realizar os oportunos contratos e actos.

3. Executar os acordos da Asemblea Xeral.

4. Elaborar e someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así coma o estado de contas do ano anterior

 1. Elaborar, no seu caso, o Regulamento de Réxime Interno. 

5. Convocar e fixar a data da Asemblea Xeral.

6. Propoñerlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.

7. Designar as comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación, así como Delegados para algunha determinada actividade da Asociación, e xerente e asesores.

8. Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.

9. Propoñer o plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.

10. Resolver os procedementos disciplinarios que se instrúan.

11. Calquera outra que non sexa atribuída expresamente a Asemblea Xeral ou Presidente.

 

 Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituir, có fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das ditas.