Fins  da  Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA)

 

 

1. Promover, defender e representar o deporte federado galego.

2. Defender os intereses comúns das Federacións Deportivas Galegas asociadas.

3. Establecer as estructuras administrativas ou de asistencia técnica ás Federacións Deportivas de Galicia, e exercer de canle entre elas.

4. Asesorar e colaborar coas institucións públicas e privadas de todo tipo, no referente ao deporte federado galego en xeral, e o seu desenvolvemento e mellora.

5. Fomentar o deporte, como un medio básico, para o desenvolvemento integral do individuo.

6. Divulgar unha conducta ética deportiva.

7. Apoiar e promover as seleccións galegas nas competicións estatais e internacionais.

8. Propoñer cantas iniciativas sexan necesarias para unha mellor política deportiva galega.

9. Calquera outro fin de acordo cós presentes estatutos e normas vixentes, con respecto ás funcións e competencias propias das federacións asociadas.