O Presidente

O Presidente da asociación será designado pola Asemblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durará catro anos, é o órgano de goberno e representante da Asociación.

 

Será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que o substituirá nos casos de ausencia ou enfermidade.

O presidente terá as seguintes atribucións:

 

  A) Representar legalmente a asociación perante calquera organismo público ou privado.

 B) Convocar e presidir as sesións que celebre a Xunta Directiva; presidir as sesións da Asemblea Xeral; dirixir as deliberacións dunha e doutra, e decidir con voto de calidade, no caso de empate.

  C) Executar os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

 D) Ordenar os pagamentos acordados validamente.

 E) Asinar as actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación xunto có secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento do que se trate.

  F) Adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da Asociación aconselle, resulte necesaria ou axeitada para o desenvolvemento das súas actividades, sen prexuizo de dar contas posteriormente a Xunta Directiva

 

No caso de dimisión ou cese do presidente deberanse convocar eleccións á Xunta Directiva e presidente, que rexiranse polos presentes Estatutos e polo Regulamento de desenvolvemento dos mesmos, no prazo máximo de tres meses.