Requisitos para asociarse a UFEDEGA

Actividades da UFEDEGA para o cumprimento dos fins, a Unión de Federacións Deportivas Galegas poderá realizar as seguintes actividades:

1. Asesoramento ás Federacións Deportivas Galegas.

2. Colaboración coas distintas administracións públicas competentes en materia deportiva.

3. Xuntanzas, cursos, simposios, foros, debates e encontros en relación có deporte.

4. Eventos lúdicos, festivos e deportivos.

5. Campañas de promoción e difusión do deporte.

6. Negociacións e reclamacións amistosas ou contenciosas.

7. Convocar e organizar a Gala, en recoñecemento ós deportistas, técnicos, directivos, xuíces e árbitros, así como a entidades deportivas e institucións destacadas.

8. Cantas outras acorden os órganos de goberno en cada intre para lograr os fins do artigo anterior.

 

En ningún caso a UFEDEGA, asumirá as funcións ou actividades que sexan de competencia propia de cada Federación asociada.